"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de mín, algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras mais".
2 comentarios:
Que bonito!
Non podo comprender como a xente renega do coñecemento. Son de Madrid e costoume ben poco aprendelo.
Ademais é unha lingua tan fermosa...
Outras mil máis. Bicos.
Bravo por ti, aprender unha lingua é un acto de apertura de miras. Aprender, francés, catalán, galego, castellano... ao seren linguas latinas é bastante sinxelo xD
É si, é ben riquiña a fala de Rosalía :)
Mil Mais!
Publicar un comentario